sábado, 17 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS


Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

  "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

 Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar as obras das Escritoras Galegas, rendíndolle unha pequena homenaxe a todas esas mulleres que coa súa obran fan que corramos unha chea de aventuras, que alimentan a nosa imaxinación e que nos fan pasar momentos moi agradables e divertidos.

Propoñemosvos o seguinte:

-Escollede unha escritora en Lingua Galega. Coñecemos moitas e algunhas xa viñeron ao cole, pero hai moitas mais...

-Investiga un pouco sobre a súa vida.

-Recolle un pequeno fragmento dunha das súas obras. (Narrativa, poesía, teatro..)

-Fai un pequeno debuxo do que ese texto che faga sentir.

Para axudarvos deixamosvos un enlace cunha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.

RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

 2RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

jueves, 1 de octubre de 2020

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á COVID-19

 
Comezamos un novo curso, pero un curso diferente debido á COVID-19, que trae consigo cambios no funcionamento do cole e tamén da biblioteca, como espazo e como impulsora de actividades.

A continuación deixamosvos o Protocolo de Adaptación da Biblioteca a esta situación. Debemos ter en conta que non é un documento estático senón que estará suxeito a modificacións, se a situación sanitaria mellora e tendo en conta as normas ditadas pola Consellería




domingo, 14 de junio de 2020

Recomendacións de lectura Verán 2020



Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para que poidades seguir disfrutando da lectura no verán.




Podes descargalo en pdf no seguinte enlace

viernes, 5 de junio de 2020

Encontro Virtual con Héctor Cajaraville

   
Co motivo da celebración das Letras Galegas, tiñamos previsto un encontro no salón de actos do colexio con Hector Cajaraville, no  que nos ía falar de Ricardo Carvalho Calero e do seu libro "A pegada do compromiso" dedicado a este autor.

   Como ese encontro non se puido levar a cabo, pensamos en facer un encontro virtual e que Héctor Cajaraville respondera as dúbidas dos nosos alumnos/as e nos acercará un pouco máis a figura do autor homenaxeado. Ao final reconvertémolo nunha conferencia feita especialmente feita para nós.


Compartimos con vós o resultado final dese Encontro.





Grazas Héctor Cajaraville pola túa colaboración e facer posible esta conferencia/encontro virtual para os nenos/as do CEIP A Ponte