A tradición oral é a forma de transmitir desde tempos anteriores á escritura, a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, conxuros, mitos, contos, etc. Transmítese de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos.
É un fenómeno, que se converteu no medio máis utilizado, ao longo dos séculos, para transferir saberes e experiencias.
Se che interesan contos para ler e ser lidos, PICA AQUÍ
Todos os xéneros en verso e en prosa:lendas, contos, romances, refráns, adiviñas, ditos, oracións e demais tipos e subtipos da literatura de tradición oral galega.PICA AQUÍ
Letras de cancións galegas.PICA AQUÍ
A regueifa e unha especia de rap galego moi antigo. Remontarse a sua orixen e dificil. Non así a sua area xeografica, que abranguia as terras da vella Gallaecia.
Como no rap, a rima, a improvisada.
Antes facianse rodas de regueifeiros (homes e mulleres xuntos), ao mais puro estilo "battle" (peleja de galos), onde se aproveitaba para demostrar quen era o mais enxeñoso, certo interese por un/unha rapaz/rapaza ou simplesmente para dicir 4 verdades sen que o "señorito" se molestase.
Hoxe a regueifa esta case morta en Galiza, non así na region Norte de Portugal (entre o rio Douro e o Miño) onde se chama "desgarrada", e segue a ser practicada tanto por gente nova como vella.
Vídeo realizado a partir de fotografias de Faustino Santalices,as suas zanfonas e outras fotos de Santiago de Compostela e relacionadas coas coplas de cego.
Seguro que vos vai a gustar a historia duns músicos que pretenden honrar a todos os cegos ambulantes que camiñaron coa súa música e as súas historias por Galicia adiante.pica aquí
Si te animas, podes atopar máis información na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario