viernes, 29 de noviembre de 2013

29 DE NOVEMBRO, DÍA DAS LIBRERÍAS



Por terceiro ano consecutivo, as librerías de toda España celebramos o DÍA DAS LIBRERÍAS, unha festa coa que queremos recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición e que o mellor lugar para facela é, sen dúbida, unha librería.
O venres 29 de novembro celébrase en toda España o DÍA DAS LIBRERÍAS un acontecemento que sacode o panorama cultural das cidades e pobos que o celebran.

Presentámosvos a imaxe escolleita este ano para representar unha xornada tan especial para os libreros e lectores en xeral. Trátase dunha obra de Pep Carrió (Palma de Mallorca, 1963), a quen lle gusta definirse como un diseñador de ideas (penso, logo deseño). Entre outras facetas do seu traballo, Carrió imaxina portadas para varias editoriais e foi cartelista para diferentes feiras do libro: vexo o libro como un compañeiro de traballo.

A Pep Carrió gústalle pasearse entre libros. Asiduo de pequenas librerías e librerías de vello, a máis diso outras especializadas en deseño e libro de arte, neste traballo para o Día das Librerías (do que existe unha maqueta orixinal), quixo realzar un dobre aspecto común de todas elas: pluralidade e calidez.

 
A continuación móstrase unha lista, das librerías máis interesantes e bonitas do mundo,PICA AQUÍ
Si che gustan estas librerías, vaiche gustar: 40 ou máis bibliotecas incribles,PICA AQUÍ
Creo que, antes das imaxes, poucos dúbida de que realmente son as bibliotecas e librerias máis bonitas do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario