Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LIBRARÍAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LIBRARÍAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2016

DÍA DAS LIBRERÍAS


Este venres celébrase a IV edición do Día das Librerías, que este ano reivindica o papel de apoio que realizan este tipo de establecementos e quen os rexenta, segundo indicou nun comunicado a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal).
Baixo o lema 'Como vai sobrevivir a ignorancia se está rodeada de libros', conmemórase este día co obxectivo de volver converter a xornada nunha gran festa de todos os amantes dos libros e a lectura. Para iso, haberá xornada de portas abertas en todas as librerías españolas, que estarán ao servizo do seu público ata as 22.00 horas e que aplicarán un desconto do cinco por cento en libros.
"No mundo cultural no que nos movemos, a librería modernizouse e está chamada a ser ese espazo especial onde o libro, no formato que sexa, ten un lugar; e o libreiro é un profesional, un axente cultural, un mediador para axudar a penetrarse no bosque inmenso que é a cultura dos libros", destaca a presidenta de Cegal, Pilar Galego.

jueves, 12 de noviembre de 2015

13 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRERÍAS.


Baixo a lema 'Ler é viaxar', as librerías volven abrir as súas portas este venres con descontos  e diferentes actividades para celebrar a quinta edición do Día das Librerías, unha xornada que quere converterse nunha festa para os amantes dos libros e a lectura.

Así, nesta celebración, organizada pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal), librerías de toda a xeografía española ofrecerán un desconto do 5% en libros e abrirán ata as 22:00 horas.

"Roberto Bolaño dicía que "cada lector ten a librería que se merece". Por iso celebramos este día: porque queremos ofrecer a sociedade a mellor librería posible. Cada persoa que entra nunha
librería, non é un cliente, é un amigo. E estamos orgullosos de ter tan bos amigos. Estamos convencidos de que quen se atreve a entrar a unha librería, sempre volve."
CEGAL

Querémosvos ensinar cinco das librerías, que ao noso parecer, os amantes da lectura, e das librerías, non nos deberiamos perder.
 

- Entrada da librería Shakespeare & Co de París.


- Librería Selexyz Dominicanen, ubícase na cidade holandesa de Maastricht, é una antiga Igrexa do século XIII.

 
- Ateneo Grand Splendid, en Bos Aires.




 
- Atlantis Books, en Santorini, Grecia.





 
 - City lights, en San Francisco.

miércoles, 7 de octubre de 2015

"VENRES NAS LIBRARÍAS"


Este venres comenzou nas librerías a campaña Venres nas librarías. O obxectivo: promocionar a lectura e a venda de libros. As actividades propostas terán como protagonistas títulos galegos publicados durante o último ano, e desenvolveranse nas librerías interesadas e asociadas á Federación de Librarías de Galicia, serán en: Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Lugo, desde outubro ata novembro. 

Haberá máis de 80 actividades entre os venres e sábados, cos
encontros, entre lectores e autores,  preténdese promover o libro, incrementar o público lector e darlle valor aos escritores e escritoras.


Consulta o programa, e si te interésa, achégache. PROGRAMA

miércoles, 26 de noviembre de 2014

28 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRARÍAS.


O 28 de novembro, por cuarto ano consecutivo, as librarías de toda España celebran o Día Das Librarías.
Esta iniciativa naceu co fin de concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre nenos e mozos, e para agradecer e potenciar o extraordinario labor de libreiros e libreiras.
Conviría que reflexionásemos, sobre o que significa dispoñer de librarías difundindo a cultura, achegando aos cidadáns, non só os libros, senón a conversa, o consello, e a posibilidade de encontrarnos con outros lectores.

PICA AQUÍ para ver o cartel "Día da Biblioteca", cuxa autora e ilustradora é Carme Solé e, do que Antonio Rodríguez Almodóvar, é o escritor e autor do Pregón, homenaxe a Ana María Matute.


viernes, 29 de noviembre de 2013

29 DE NOVEMBRO, DÍA DAS LIBRERÍAS



Por terceiro ano consecutivo, as librerías de toda España celebramos o DÍA DAS LIBRERÍAS, unha festa coa que queremos recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición e que o mellor lugar para facela é, sen dúbida, unha librería.
O venres 29 de novembro celébrase en toda España o DÍA DAS LIBRERÍAS un acontecemento que sacode o panorama cultural das cidades e pobos que o celebran.

Presentámosvos a imaxe escolleita este ano para representar unha xornada tan especial para os libreros e lectores en xeral. Trátase dunha obra de Pep Carrió (Palma de Mallorca, 1963), a quen lle gusta definirse como un diseñador de ideas (penso, logo deseño). Entre outras facetas do seu traballo, Carrió imaxina portadas para varias editoriais e foi cartelista para diferentes feiras do libro: vexo o libro como un compañeiro de traballo.

A Pep Carrió gústalle pasearse entre libros. Asiduo de pequenas librerías e librerías de vello, a máis diso outras especializadas en deseño e libro de arte, neste traballo para o Día das Librerías (do que existe unha maqueta orixinal), quixo realzar un dobre aspecto común de todas elas: pluralidade e calidez.

 
A continuación móstrase unha lista, das librerías máis interesantes e bonitas do mundo,PICA AQUÍ
Si che gustan estas librerías, vaiche gustar: 40 ou máis bibliotecas incribles,PICA AQUÍ
Creo que, antes das imaxes, poucos dúbida de que realmente son as bibliotecas e librerias máis bonitas do mundo.