jueves, 12 de noviembre de 2015

13 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRERÍAS.


Baixo a lema 'Ler é viaxar', as librerías volven abrir as súas portas este venres con descontos  e diferentes actividades para celebrar a quinta edición do Día das Librerías, unha xornada que quere converterse nunha festa para os amantes dos libros e a lectura.

Así, nesta celebración, organizada pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal), librerías de toda a xeografía española ofrecerán un desconto do 5% en libros e abrirán ata as 22:00 horas.

"Roberto Bolaño dicía que "cada lector ten a librería que se merece". Por iso celebramos este día: porque queremos ofrecer a sociedade a mellor librería posible. Cada persoa que entra nunha
librería, non é un cliente, é un amigo. E estamos orgullosos de ter tan bos amigos. Estamos convencidos de que quen se atreve a entrar a unha librería, sempre volve."
CEGAL

Querémosvos ensinar cinco das librerías, que ao noso parecer, os amantes da lectura, e das librerías, non nos deberiamos perder.
 

- Entrada da librería Shakespeare & Co de París.


- Librería Selexyz Dominicanen, ubícase na cidade holandesa de Maastricht, é una antiga Igrexa do século XIII.

 
- Ateneo Grand Splendid, en Bos Aires.




 
- Atlantis Books, en Santorini, Grecia.





 
 - City lights, en San Francisco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario