A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclama o día 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Durante este día téntase derrubar as barreiras que rodean ás persoas con algunha discapacidade, xa sexan físicas, sociais, económicas ou discriminación que os exclúen de formar parte de actividades da sociedade.
Durante este día téntase derrubar as barreiras que rodean ás persoas con algunha discapacidade, xa sexan físicas, sociais, económicas ou discriminación que os exclúen de formar parte de actividades da sociedade.
Todos os nenos e nenas teñen dereito a educarse nun contexto normalizado que asegure a súa futura integración e participación na sociedade. O dereito de todos á educación atópase consagrado na Declaración dos Dereitos Humanos e reiterado nas políticas educativas dos países; con todo aínda existen millóns de nen@s e persoas que non teñen acceso á educación ou reciben unha de menor calidade.
No noso cole sabemos que, para os noso alumnado con discapacidade a integración temperá, nun ámbito "normalizado", significa unha mellor inserción na sociedade; Ademais, para o resto de compañeir@s, supón unha maneira de aprender valores relacionados coa diversidade e a tolerancia.
Deixámosvos este precioso anuncio da Fundación ONCE.
- Se queredes ver uns interesantes vídeos sobre distintas capacidades, pica aquí para ir á nosa entrada do ano pasado.
- AQUÍ podedes visitar a entrada que fixemos, sobre este tema, cuns bonitos contos para os máis pequenos
No hay comentarios:
Publicar un comentario