lunes, 16 de noviembre de 2015

PREMIO LAZARILLO 2015. LEDICIA COSTAS


O pasado dia 13 de novembro fallouse en Madrid, o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), na que resultou gañadora a escritora viguesa Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta dás Femmes Plante.


Este galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinguido Instituto Nacional do Libro Español no ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para infancia e xuventude, e desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalos anualmente, nas modalidades de "Album Ilustrado" e "Creación literaria".

O xurado integrado por Xose Antonio Perozo, Arantxa Bea, Aurelio Erdozain, Ana María Navarrete e Antonio Manuel Fraga cualificou a obra como unha "novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben adaptada e unha linguaxe sinxela pero elaborado, que combina con precisión elementos de realidade e ficción, imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura".

Podes visitar AQUÍ a nosa entrada sobre Ledicia Costas do mes de outubro, cando recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil E Xuvenil, pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta, así como o noso interesante encontro en xaneiro con esta autora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario