lunes, 23 de noviembre de 2015

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 
O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional Contra A Violencia de Xénero, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 1999, a proposta da República Dominicana co apoio de 60 países, esta data foi elexida en homenaxe as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), que morreron asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960.


Como centro estamos comprometid@s na educación para a Igualdade e na promoción de valores de corresponsabilidade e igualdade entre nenos e nenas, futuros homes e mulleres.

 

 

Aquí recomendámosvos uns libros, pretenden fomentar a  corresponsabilidade nas tarefas domésticas, a visibilización do papel da muller , a ruptura cos estereotipos sobre o que se considera "ser home" e "ser muller", etc.
 
Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.
 
- LA MITAD DE JUAN (Gemma Lienas e África Fanlos. LA Galera)
Todos e todas perdemos coa desigualdade, os nenos tamén sofren malos tratos por ser pouco "varoniles" (segundo os canons sociais). A Juan gústanlle as bonecas, a súa camiseta rosa e os contos de princesas pero todos se rin del e dinlle que "son cousas de nenas". O problema é que cando enterra todo no xardín, se sente baleiro por dentro...! Como resolverá o problema?
 

- UNHA FELIZ CATÁSTROFE (Adela Turín)
Antes da catástrofe na casa da familia Rato, a mamá coidaba da casa e os nen@s e o señor Rato ía traballar e logo chegaba a casa e sentaba ata a hora da cea... pero algo inesperado ocorreu e... CAMBIOU TODO!
 

- A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER
PERDICES (De Nunila López e Miryam Cameros).
A historia fai unha revisión da historia de Cincenta, onde os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.




- MAMÁ DE QUE COLOR SON LOS BESOS? (Elisenda Queralt)
As emocións son só cousas de nenas... Este conto fala da cor das emocións e é moi importante que os nenos  aprendan a expresar adecuadamente as súas emocións, moitas delas lles foron vetadas como xénero.
 
 
- ¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA? (Raquel Diaz Requera)
Carlota teno claro, non lle gusta ser unha princesa rosa... aínda que parece que a súa contorna non ten moi claro as súas intencións.

 
 - EL PRÍNCIPE CENICIENTO ( Babette Cole)
Unha revisión do conto de Cincenta onde se cambian os roles.


 

- LA PRINCESA LISTILLA (Babette Cole)
Outra historia que desmitifica os contos de fadas.
 
 

- RONSEL GRITA MUY FURTE (Isabel Olid)
Esta é unha historia conmovedora onde Ronsel, unha nena tímida e amorosa, transforma o seu carácter a partir do truco que lle ensinou Conchita, a súa mestra: "Cando alguén queira facerche dano, Ronsel, grita moi forte!".É importante dar armas @s péquen@s para deter o abuso infantil.



- NIN UN BIQUIÑO A FORZA (Marión Mebes)
Os bicos son agasallos que podemos aceptar
ou rexeitar, e non hai porque obrigar @s péquen@s a bicar ou ser bicados. Teñen que saber que poden dicir NON.

 
- ARTURO E CLEMENTINA (Adela Turín)
Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben pero Arturo, sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles... Clementina sentese
pequena e infeliz. Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?




- ROSA CARAMELO (Adela Turín)
No país dos elefantes ás elefantitas téñenas nun corralito, vestidas de encaixes, comendo peonías e moi aburridas mentres os elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de estar pechada.



 

- OS MALOS TRATOS SUTÍS: (conto escrito e dirixido polo coach emocional Diego Jiménez)
Un conto sobre como a sociedade xera na muller unha falta de autoestima que facilita os malos tratos e impoñer determinados canons de beleza, sobre todo, á muller...


No hay comentarios:

Publicar un comentario