"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre"
A primeira frase de "Memorias dun neno galego", de Neira Vilas, acompañounos na infancia a varias xeracións de nen@s de Galicia, que este venres, desde que se deu a coñecer a sua morte xa o botamos de menos.
Desde este blog, queremos render a nosa pequena homenaxe a este gran autor que faleceu na súa casa de Vila de Cruces (Pontevedra) aos 87 anos de idade.
A súa obra, "Memorias dun neno labrego" está considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego, o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas, desde a súa publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas e levaba o pasado verán 600.000 exemplares vendidos.

- Para achegarnos á súa obra, os que aínda non coñecedes a Balbino, podedes empezar por este curto vídeo.
- Espero que vos guste este interesantísimo LIM que nos chega desde o CEIP Frian-Teis. Podedes ler e escoitar o libro, ver unha entrevista con Neira Vilas e facer actividades. PICA AQUÍ
- Os máis pequen@s podedes pasear polo "Xardín de Irene", unhas preciosas rimas, acompañadas dunhas ilustracións de Leandro Lamas cheas de luz e cor. AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario