miércoles, 9 de noviembre de 2016

DÍA DAS LIBRERÍAS


Este venres celébrase a IV edición do Día das Librerías, que este ano reivindica o papel de apoio que realizan este tipo de establecementos e quen os rexenta, segundo indicou nun comunicado a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal).
Baixo o lema 'Como vai sobrevivir a ignorancia se está rodeada de libros', conmemórase este día co obxectivo de volver converter a xornada nunha gran festa de todos os amantes dos libros e a lectura. Para iso, haberá xornada de portas abertas en todas as librerías españolas, que estarán ao servizo do seu público ata as 22.00 horas e que aplicarán un desconto do cinco por cento en libros.
"No mundo cultural no que nos movemos, a librería modernizouse e está chamada a ser ese espazo especial onde o libro, no formato que sexa, ten un lugar; e o libreiro é un profesional, un axente cultural, un mediador para axudar a penetrarse no bosque inmenso que é a cultura dos libros", destaca a presidenta de Cegal, Pilar Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario