viernes, 18 de noviembre de 2016

PREMIOS LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2016

O pasado día 10 de novembro fallouse en Madrid o Premio Lazarillo 2016. Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, pretende estimular a creación de bos libros para nenos e novos. A OEPLI convócao anualmente nas modalidades de Álbum Ilustrado e Creación literaria.
 
Na súa modalidade de Creación Literaria, o xurado elixiu como ganadora a obra titulada: O SECRETE DE L'AVI de Carles Cano, escrita en valenciano. Destacou da obra "a originalizada das historias, cunha evolución nos contos que vai desde unha formulación e unha estrutura máis tradicional de conto popular a relatos moi innovadores. É unha obra ben escrita, cunha linguaxe coidada e sugerente que se adecua ás distintas narracións".
O secret de l'avi é unha recopilación de cinco contos que inventa un personaxe, o avó Nicolau, para os seus netos Miquel e Maria a partir de distintos elementos que atopan ao seu ao redor e que non están no lugar que lles correspondería.
 
  Na modalidade de Álbum Ilustrado, a obra ganadora foi BARRIOS DE CORES, de Ana González Menéndez e Kike Ibáñez , destacando de forma unánime a forza e o impacto do simple na obra, onde esa simplicidad responde a unha idea complexa na que os autores souberon establecer unha armoniosa e coherente composición entre texto, tipografía, forma e cor.
 
Alejandro Pombas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2016 pola súa novela "Un fill", publicada simultaneamente, en marzo de 2015, en catalán e castelán co título UN HIJO. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2015.
O Xurado decidiu premiar ao autor "pola súa obra polifónica, profunda e emotiva que trata con orixinalidade temas actuais. Os seus personaxes van crecendo dentro dunha trama que engancha ao lector".

No hay comentarios:

Publicar un comentario