Miguelanxo Prado (A Coruña, 1956) é o novo Premio Nacional de Cómic pola súa obra Ardalén, publicada por Norma en 2012. O xurado destacou "o carácter poético da súa obra, que mestura realidade con soño, memoria con esquecemento e a súa mestría técnica no uso da cor ". Esas son as claves do autor español máis recoñecido no estranxeiro, que neste caso valéronlle para gañar os 20.000 euros que acompañan ao galardón.
Ardalén é a historia das raíces de Sabela, que regresa ao pobo natal do seu avó en busca da reconstrución do seu pasado, da súa vida. O avó emigrou a facer as Américas nos anos trinta e non se volveu a saber nada del. Entón Sabela entra en contacto con Fidel, o único nexo co seu avó desaparecido. Miguelanxo Prado aproveita a desarmar a cordura deste personaxe para levantar unha porta de acceso a Ardalén, un territorio inhóspito entre a memoria e o esquecemento.
Tráiler da película de animación de Miguelanxo Prado "Profundis".
Unha historia de amor nas costas galegas, lírica e chea de poesía.xx
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario