miércoles, 23 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA. 24 DE OUTUBRO

Un ano mais, como ocorre dende 1997, e en recordo da Biblioteca de Saraievo(incendiada en 1992, durante o conflito dos Balcáns), celebramos o 24 de outubro o Día da Biblioteca.
En esta data, é importante tomar conciencia do insubstituíble papel que desempeñan as bibliotecas, non só, na transmisión e conservación do patrimonio cultural, senón tamén para afianzar a formación lectora dos nosas rapazas e rapaces e na democratización da cultura.
O lema elexido para este curso(2013-2014) LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que traten temas relacionados coa ciencia. A ilustradora do cartél é Patricia Castelao.

ACHÉGATE ÁS 15 BIBLIOTECAS MÁIS BONITAS

.


Aquí vos deixamos esta entretida curtametraxe,"O increíble neno come libros",  baseada no libro homónimo do escritor Oliver Jeffers. O tema: un neno que sente unha debilidade particular cara aos libros, a cal lévao a «engulilos» .  
Unha historia sinxela que explica a paixón pola lectura e os beneficios do hábito lector
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario