domingo, 20 de octubre de 2013

CÉSAR MALLORQUÍ. PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


O escritor e xornalista César Mallorquí (Barcelona, 1953) foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra 'A illa de Bowen', un clásico de aventuras. A novela é unha homenaxe a Xullo Verne e aos grandes clásicos do xénero. O xurado decidiu premiar a obra de Mallorquí por ser "un canto á aventura e homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidad, humor e intelixencia e pola excelente construción dos seus personaxes e as súas tramas". Con traducións en Francia, Brasil e Corea, a novela xa conseguiu o XX Premi Edebé de Literatura Xuvenil, e máis recientemente foi elixida a mellor novela xuvenil do 2012.
 
  
Mallorquí , guiouse, para escribir a obra, polos recordos e sensacións que lle deixou a lectura de Verne. 'A illa de Bowen' é, polo tanto, unha declaración de amor ao xénero de aventuras. O galardón, con 20.000 euros de premio, concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir a obra dun autor español, en calquera  lingua oficial, e editada no 2012.
PINCHA PARA VER MAIS INFORMACIÓN DO AUTOR


Discurso de César Mallorquí, autor da illa de Bowen durante o Premio O Templo das Mil Portas 2012 cando saíu a recoller o premio a Mellor novela nacional independente de 2012 pola Illa de Bowen.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario