Bonita ilustración de Monica Carretero. |
O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor celébrase todos os anos o 23 de Abril. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.
O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso De La Vega, O Inca. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros prominentes autores, como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.
O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso De La Vega, O Inca. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros prominentes autores, como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.
Mafalda, o personaxe de cómic creado polo arxentino Quino, fai 50 anos, e será o estandarte dos actos de celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor da Unesco.
A axencia da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) organizará para ese día "unha exposición sobre a celebre nena, pacifista e contestataria".
Aínda que xa está un pouco avanzado o ano aproveitamos estas datas para facer chegar unha relación das principais celebracións literarias que se conmemoran este ano e que podemos aproveitar na nosa biblioteca para coñecer libros con temas variados. Tamén queremos relacionarvos algunhas conmemoracions que non son literarias pero cuxa temática, ten cabida tamén na nosa biblioteca. Comezamos...
- 100 ANOS DE PLATERO, WEB FUNDACIÓN ZENOBIA-JUAN RAMÓN JIMÉNEZ
2014 é o ano Platero. En 1914 viu a luz a primeira edición de Platero e eu, a logo platero 2014obra máis universal de Juan Ramón Jiménez, cuxa calidade e profundidade resultaron decisivas para a concesión ao poeta do Premio Nobel de Literatura.
- WEB OFICIAL DO IV CENTENARIO DO GRECO.
- WEB DE MAFALDA, MAFALDA CUMPLE 50 ANOS. BIOGRAFÍA DE QUINO, MAFALDA DIGITAL...
- 35 ANIVERSARIO DA SUA MORTE A RAG, RENDE HOMENAXE A BRANCO AMOR.
- 450 ANOS NACEMENTO DE GALILEO GALILEI (Pisa 1564 ?
Arcetri 1642) foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico italiano que estivo relacionado de forma estreita coa revolución científica.
- CEN ANOS DA PRIMEIRA APARICIÓN DE CHARLOT
O seu bigote, o seu bombín e o seu bastón forman o atuendo máis coñecido do mundo do cine. Falamos de Charlot, un dos personaxes máis entrañables. Este mes de febreiro cúmprense 100 anos da primeira aparición do mítico personaxe no cine.Fiel ao cine mudo, gañou dous Óscar, nomeáronlle ao Nobel da Paz e morreu aos 88 anos o Día de Nadal.
- 25 ANOS DA MORTE DE DALÍ , o último gran pintor surrealista (do 11-05-1904 ao 23-1-1989) .Dende aquí podes ir a nosa entrada.
- FAI 150 ANOS NACE RICHARD STRAUSS. Nace en Munich , compositor e director de orquesta
alemán do Romanticismo tardío, cuxa obra exerce unha gran influencia no século XX. pica aquí para saber mais.
- 50 ANIVERSARIO CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE. Dende aquí podes ir a nosa entrada para saber mais cousas de Charlie.
- FAI 75 ANOS FALECE ANTONIO MACHADO en Colliure, o 22 de febreiro de 1939, poeta español, só un mes logo de atravesar a fronteira francesa xunto á diáspora republicana. Dende aquí podes ir a nosa entrada sobre Machado.
PORT HARCOURT (PICA AQUÍ) elixida Capital Mundial do Libro para 2014
pero, sabemos como se fan...?
aquí queda este interesante vídeo para explicalo.
Para pór de relevancia esta data, o profesorado e a biblioteca do centro organizou as siguintes actividades.
1.- ENCONTROS con autores, contacontos e ilustradores/as.
- Encontro coa autora Teresa Zataraín.
- Contacontos "Cociñeiros".
- Videoconferencia con Rafael Ortega De La Cruz.
- Encontro con Fran Alonso.
- Encontro con Manuel Rivas (no IES Blanco Amor).
- Encontro con Ricardo Gómez Cerdá.
- Encontro con Marcos Calveiro.
2.- EXPOSICIÓN "OS NOSOS LIBROS"
- O Equipo de Dinamización invítanos a expo as nosas "xoias", na entrada principal do cole.
3.- EXPOSICIÓN DE NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA.
4.- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA: "EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ..." II
5.- PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.(3ª edición)
6.- TOP DEZ LIBROS-TOP DEZ LECTORES
.
.
7.- CLUB DE LECTURA "PONTIÑA". Xuntanza Extraordinaria, Sesión de cine.
8.- "MALETA DE PAPEL". Dúas Maletas Viaxeiras.
E agora, ahí van algunas propostas para facer nas aulas...
- Iniciar o "CUADERNO DO ESCRITOR" ou "CUADERNO DA ESCRITORA".
- Exposición de aula: "OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS"
- "O NOSO LIBRO FAVORITO". Elaboración de mural, sobre o libro elexido, dos leidos por a clase.
Actividades TIC:
- Recursos elaborados na Biblioteca "Mestres Goldar"
- Recursos do CEIP "Victor Saénz"
- Lecturas e origami.
Marcapáxinas.
"Rap do libro"
E agora, ahí van algunas propostas para facer nas aulas...
- Iniciar o "CUADERNO DO ESCRITOR" ou "CUADERNO DA ESCRITORA".
- Exposición de aula: "OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS"
- "O NOSO LIBRO FAVORITO". Elaboración de mural, sobre o libro elexido, dos leidos por a clase.
Actividades TIC:
- Recursos elaborados na Biblioteca "Mestres Goldar"
- Recursos do CEIP "Victor Saénz"
- Lecturas e origami.
Marcapáxinas.
Razóns para ler
"Rap do libro"
No hay comentarios:
Publicar un comentario