jueves, 10 de abril de 2014

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE. 50 ANIVERSARIO.


Un neno compra unha tableta de chocolate, cando abre o envoltorio, un brillante boleto de cor dourada descóbrese no seu interior. É a entrada á fantástica e marabillosa fábrica de chocolate do excéntrico Willy Wonka.
 Non fai falta engadir moito máis, non? Todos sabemos de que libro se trata, o clásico de Roald Dahl que aúna fantasía, humor e un punto macabro, Charlie e a fábrica de chocolate. Un libro que se escribiu fai hoxe 50 anos e que foi traducido a multitude de idiomas e levado ao cine en máis dunha ocasión. Hoxe celebramos o seu  50 aniversario.


Roald Dahl é un escritor de obras infantís moi famoso. Do seu lápiz (porque escribía a man e con lápiz fronte á súa cheminea) saíron libros tan máxicos como Matilda, James e o Melocotón xigante ou As Bruxas. Si podes, le algún dos seus títulos; non che arrepentirás.

PICA AQUÍ para entrar na biografía de Roald Dahl e resumo de "Charli e a fábrica de chocolate"



Quentin Blake foi amigo do señor Dahl. É un ilustrador fantástico que traballou en varios títulos co escritor. Si fíxasche nos seus debuxos, parecen monigotes ou simples rayajos. Vólveos a mirar con máis calma e descubrirás que debuxar así require unha habilidade tremenda.



Desta obra realizáronse varias versións cinematográficas. A última, dirixida por Tim Burton, e portagonizada por Johnny Depp,
PICA AQUÍ  e poderás atopar o tráiler da película, galería de fotos, posters e xogos  da película.





Ben..., a que esperas?
Le este libro. É tan delicioso
como a máis suave e apetecible tableta de chocolate...

No hay comentarios:

Publicar un comentario