viernes, 20 de junio de 2014

GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.



MOITAS GRAZAS AXUDANTES!!!

O curso acabou,  o verán achégase..., é o momento de recompensar o traballo realizado.
Iso tratamos de facer hoxe con este gran grupo de axudantes, que fixeron un traballo fantástico ao longo de todo o curso. Este esforzo foi fundamental para a biblioteca, está claro que sen o seu traballo desinteresado non poderíamos funcionar, a biblioteca sería un lugar sen vida
Queremos aquí (en persoa xa o fixemos) mostrarvos gratitude, e desexar moita sorte aos encargados de sexto que comezan unha nova etapa, e aos de quinto animarvos a presentarse en setembro para formar un novo equipo de axudantes.

Por todo iso, queridos mozos e mozas moitísimas grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario