Mostrando entradas con la etiqueta AXUDANTES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AXUDANTES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de junio de 2017

AXUDANTES DE BIBLIOTECA




Grazas a estes formidables axudantes de biblioteca polo seu traballo. Ocupáronse das exposicións, a orde, e o coidado dos noso libros, así como de achegalos aos nosos lectores, máis novos, no recreos.
Pasade un feliz verán!!!


martes, 21 de junio de 2016

@S NOS@S AXUDANTES DE BIBLIOTECA!!!

Coa chegada do fin de curso, queremos agradecer  de corazón a axuda de  estes mozos e mozas tan dispostos e traballadores que pasan algúns dos seus recreos levando o carriño do bibliorecreo de acá cara alá ou axudando a colocar os libros que se prestan na biblioteca. 
Cada ano a nosa biblioteca funciona mellor, e iso é debido, en gran medida, á súa colaboración inestimable , cada curso esfórzanse para que a nosa
biblioteca siga sendo o motor do noso centro.
Moitas grazas de parte de todos os usuarios e usuarias que van á biblioteca e atópanse un lugar ordenado e organizado onde é moi fácil achar o que
buscamos.


Non sabedes como vos necesitamos axudantes!!!

Agradecémosvos de corazón a vosa axuda.

viernes, 20 de junio de 2014

GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.



MOITAS GRAZAS AXUDANTES!!!

O curso acabou,  o verán achégase..., é o momento de recompensar o traballo realizado.
Iso tratamos de facer hoxe con este gran grupo de axudantes, que fixeron un traballo fantástico ao longo de todo o curso. Este esforzo foi fundamental para a biblioteca, está claro que sen o seu traballo desinteresado non poderíamos funcionar, a biblioteca sería un lugar sen vida
Queremos aquí (en persoa xa o fixemos) mostrarvos gratitude, e desexar moita sorte aos encargados de sexto que comezan unha nova etapa, e aos de quinto animarvos a presentarse en setembro para formar un novo equipo de axudantes.

Por todo iso, queridos mozos e mozas moitísimas grazas.