domingo, 5 de julio de 2015

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

Manuel María será o galardoado no Día dás letras Galegas 2016, tal e como aprobou nun pleno extraordinario, este sábado día 4, a Real Academia Galega.
A vida de Manuel María (Outeiro de Rei 1929) transcorreu a maior parte en Monforte de Lemos, onde comezou como procurador nos tribunais e máis tarde sería nomeado concelleiro polo BNG. Anos máis tarde decidiría retirarse da vida política para centrarse na literaria. En 1998, trasládase Á coruña, onde morre no ano 2004 tras levar un ano como académico na mesma institución que onte o obsequiaba.

A súa vida, caracterizouse tanto por unha extensa obra poética coma polo seu profundo compromiso político co nacionalismo galego e a recuperación da cultura galega na clandestinidade, durante o franquismo.
A primeira obra de Manuel María, «Muiñeiro de brétemas», saía publicada en 1950 e significa non só o inicio da coñecida como «Escola de Tebra», senón tamén o primeiro libro publicado en galego tras a Guerra Civil.
Os temas dos seus textos abordan dende a tema existencialista e o amor, ata o compromiso social e político.


"A personalidade literaria encaixa perfectamente dentro do espírito e a acción e a letra e a música das 'Irmandades dá Fala' ", manifestou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, na rolda de prensa na que se deu a coñecer o nome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario