Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES MOURIÑO

A Real Academia Galega (RAG) elixiu, este ano, ao escritor, nacido en Ourense, Carlos Casares Mouriño para protagonizar o Día dás Letras Galegas.
A súa figura, será homenaxeada e lembrada a través de exposicións, coloquios, rutas literarias, documentais e demais actividades que se desenvolveron e desenvolverán nos próximos meses por toda
Galicia, con especial foco, aquí, na súa provincia natal.
No cole ademais dun pequeño caderno con actividades, expuxemos a súa obra para os máis pequenos, e faremos o noso  esperado Festival dás Letras Galegas que fan os nosos mozos e mozas de 5º e 6º e co
que ano tras ano se superan.

- CRONOLOXÍA DA VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES PICA
 - No tren de Carlos Casares. Audiovisual producido por Illa Bufarda:



- Vídeo homenaxe a Carlos Casares dirixido por Xosé Vicente Cid


domingo, 10 de julio de 2016

LETRAS GALEGAS 2017


O Plenario da Real Academia Galega, reunido este sábado en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2017 ao ourensán Carlos Casares Mouriño.
Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.
A RAG acentúa de Casares «a calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra», que incluíu a literatura infantil, o xornalismo e o ensaio, converténdose en «un escritor especialmente idóneo» para protagonizar a celebración de 2017.
Unha decisión que a Xunta aplaude ao definir a Casares como «unha das personalidades máis importantes da cultura galega» do últimas catro décadas. Dirixiu a editorial Galaxia e revístaa Graal e foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 1996 e 2002. En 1978 ingresa na RAG como o membro de número máis novo.

lunes, 9 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2015. MANUEL MARÍA


A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Este ano o autor homenaxeado, é Manuel María.
Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.

 
Como todos os anos, e con motivo deste día, tan celebrado sempre por nós, celebraremos o Festival das Letras Galega, haberá cancións, bailes, representacións teatrais e por suposto recitaremos as poesías de Manuel María.
 
- Especial Letras Galegas 2016 da Coordinadora de ENDL PICA, nesta páxina podedes atopar información sobre a vida e obra de Manuel María, ademais dun bo número de estupendos recursos.
- Tamén podes picar na barra lateral dereita, o gadget de Manuel Maria leváseche á interesantísima  páxina da súa casa-museo.

domingo, 5 de julio de 2015

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

Manuel María será o galardoado no Día dás letras Galegas 2016, tal e como aprobou nun pleno extraordinario, este sábado día 4, a Real Academia Galega.
A vida de Manuel María (Outeiro de Rei 1929) transcorreu a maior parte en Monforte de Lemos, onde comezou como procurador nos tribunais e máis tarde sería nomeado concelleiro polo BNG. Anos máis tarde decidiría retirarse da vida política para centrarse na literaria. En 1998, trasládase Á coruña, onde morre no ano 2004 tras levar un ano como académico na mesma institución que onte o obsequiaba.

A súa vida, caracterizouse tanto por unha extensa obra poética coma polo seu profundo compromiso político co nacionalismo galego e a recuperación da cultura galega na clandestinidade, durante o franquismo.
A primeira obra de Manuel María, «Muiñeiro de brétemas», saía publicada en 1950 e significa non só o inicio da coñecida como «Escola de Tebra», senón tamén o primeiro libro publicado en galego tras a Guerra Civil.
Os temas dos seus textos abordan dende a tema existencialista e o amor, ata o compromiso social e político.


"A personalidade literaria encaixa perfectamente dentro do espírito e a acción e a letra e a música das 'Irmandades dá Fala' ", manifestou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, na rolda de prensa na que se deu a coñecer o nome.

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015



 "O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual."
Fragmento do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.

- Biografía e obra de Xosé Filgueira Valverde.PICA AQUÍ.
- Breve historia do Día De Las Letras Gallegas.


- Dende o colexio Isaac Peral de Ferrol un montón de actividades.AQUÍ.
- Se queres saber máis sobre o Día das Letras Galegas e sobre Xosé Filgueira Valverde, pica aquí e irás ao noso blog de Dinamización.AQUÍ.

 

lunes, 7 de julio de 2014

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE SERÁ HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015



O escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2015. Si queres saber máis, pica na barra lateral dereita "LETRAS GALEGAS 2015"

 




 

lunes, 12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

"Unha lingua é máis que una obra de arte. É matriz inesgotable de obras de arte"
Castelao.
 
 
 
 O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
 
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
 
 
 
 
Xosé María Díaz Castro é o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2014. O poeta nado en Parga, Guitiriz, en 1914,  tamén  celebra o centenario do seu nacemento.
Autor dun único libro publicado, "Nimbos", e dunha serie de poemas máis rescatados no seu día pola revista" Dorna".
 

- Na barra lateral dereita, hai un "gadget", donde podes atopar a páxina web monográfica da vida e obra do poeta Díaz Castro

 


 - Canción sobre o poema "PENÉLOPE" de Xosé María Diaz Castro, musicado por Sandra Tenreiro Doldán. Interpretado por alumnado do IES Poeta Díaz Castro.PICA PARA ESCOITAR O AUDIO.

- Si queres ter máis información sobre o Día Das Letras Galegas, e sobre Díaz Castro, PICA AQUÍ, e irás ao noso blog "DINAMIZACIÓN DA LINGUA"