lunes, 25 de enero de 2016

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Cartel do Día da Ilustración, a cargo de Jaime Asensi.
As actividades creativas centran esta semana a programación das bibliotecas públicas galegas, co gallo da celebración do Día da Ilustración, o vindeiro 30 de xaneiro. Coincidindo co día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a Consellería de Cultura e Educación incorporou esta data, en 2013, ao Calendario do Libro e da Lectura para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.
Celébrase, con diversas actividades en diferentes puntos ao longo de varios días. Preséntase en Santiago o catálogo da AGPI(Asociación Galega De Profesionais Da Ilustración) "Novas olladas sobre os clásicos universais", para lembrar, entre outros, a Eugenio Granell através da súa obra pictórica.PICA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario