viernes, 15 de enero de 2016

XIII PREMIO ANAYA DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL. "ALMA Y LA ISLA"



Os integrantes do xurado do XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, afirmaron que a obra de Mónica Rodríguez  "Alma y la Isla" destaca por ser unha novela de iniciación e de aprendizaxe con diferentes niveis de lectura, onde o elemento poético e a maxia están moi presentes.
 
Trátase de unha historia crúa narrada con elegancia e gran sensibilidade, na que o compoñente dramático está maxistralmente dosificado. Ademais, sinalaron que a estrutura, sinxela pero de gran intensidade, supón unha lectura chea de imaxes e metáforas que axudará ao novo lector a coñecer o drama da inmigración dunha forma directa.

A obra, dirixida a lectores a partir de 10 anos, narra a historia de Alma, unha nena negra que chega do mar nunha barca. O pai de Otto, que é pescador, a salva de morrer afogada. Durante os días nos que Alma vive coa familia de Otto, antes de ser enviada a unha casa de acollida, emocións antagónicas saen á luz: a empatía e o rexeitamento, a confianza e os celos, pero a amizade entre os dous nenos transcende a posible distancia cultural que aparece nun primeiro momento.


Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969 e reside en Madrid desde 1993. É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear. PICA AQUÍ, si queres saber mais de Mónica Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario