sábado, 17 de febrero de 2018

DÍA DA LINGUA MATERNA . 21 DE FEBREIRO

En recoñecemento ao sucedido en Bangladesh o 21 de febreiro de 1952, cando un grupo de mozos demandaba que a súa lingua materna, o Bangla, fóra recoñecida como lingua oficial e ante a reacción da policía, que  deu morte a tres estudantes, a UNESCO declarou o Día Internacional da Lingua Materna.
As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural. As iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirán para incentivar a diversidad lingüística e a educación multilingüe, para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e tamén para inspirar á solidariedade baseada no diálogo, a tolerancia e o entendemento. Como fonte de coñecemento, as linguas son tamén puntos de partida para o establecemento dunha relación máis harmoniosa co medio.

- Atlas interactivo UNESCO das linguas do mundo en perigo AQUÍ

Que mellor para nós celebrar na mesma semana o día 21 nosa lingua nai e o día 24 conmemorar a Rosalía, á nai da nosa lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario