Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA LINGUA MATERNA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA LINGUA MATERNA. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de febrero de 2018

DÍA DA LINGUA MATERNA . 21 DE FEBREIRO

En recoñecemento ao sucedido en Bangladesh o 21 de febreiro de 1952, cando un grupo de mozos demandaba que a súa lingua materna, o Bangla, fóra recoñecida como lingua oficial e ante a reacción da policía, que  deu morte a tres estudantes, a UNESCO declarou o Día Internacional da Lingua Materna.
As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural. As iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirán para incentivar a diversidad lingüística e a educación multilingüe, para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e tamén para inspirar á solidariedade baseada no diálogo, a tolerancia e o entendemento. Como fonte de coñecemento, as linguas son tamén puntos de partida para o establecemento dunha relación máis harmoniosa co medio.

- Atlas interactivo UNESCO das linguas do mundo en perigo AQUÍ

Que mellor para nós celebrar na mesma semana o día 21 nosa lingua nai e o día 24 conmemorar a Rosalía, á nai da nosa lingua.

martes, 14 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA, 21 DE FEBREIRO


A Conferencia Xeral da UNESCO, no ano 1999, acordou declarar o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna, escolleuse a data por coincidir co día en que unha multitude de falantes bengalís foi tiroteada pola policía paquistaní, cando se manifestaban pacificamente polos seus dereitos lingüísticos.
A lingua materna é aquela á que o individuo está exposto desde o nacemento, a lingua que primeiro adquire, habitualmente no seo da familia, a súa característica máis salientable é que se aprende espontaneamente na interacción cotiá, a través da conversa. Os idiomas son moito máis que simples medios de comunicación, porque a cultura e a identidade van unidas á fala arredor da que se constrúen.

- Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar, desde o Portal da Lingua Galega. AQUÍ.

- Eu falo así.

jueves, 18 de febrero de 2016

DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 DE FEBREIRO.


O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos Estados membros e na sede da organización, naceu orientada a promover a transmisión de pais a fillos das linguas non dominantes co fin de promover a variedade de linguas e, da súa man, a diversidade cultural.
A contribución de Galicia a esa diversidade lingüística é o seu idioma propio, lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: O GALEGO.
As linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.


Esperamos vos resulte interesante este vídeo de Manuel Bermúdez Blanco, técnico en Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.

miércoles, 18 de febrero de 2015

21 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.


O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999.
As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible como o intangible. Todas iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán, non só para incentivar a diversidad lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia sobor as tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.

- Esperamos que vos guste e poidades reflexionar sobre este video



- Mirade que orixinal este poema de Celso Emilio Ferreiro, "Deitado frente ao mar", interpretado por Dios ke te crew