jueves, 18 de febrero de 2016
DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 DE FEBREIRO.
O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos Estados membros e na sede da organización, naceu orientada a promover a transmisión de pais a fillos das linguas non dominantes co fin de promover a variedade de linguas e, da súa man, a diversidade cultural.
A contribución de Galicia a esa diversidade lingüística é o seu idioma propio, lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: O GALEGO.
As linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.
Esperamos vos resulte interesante este vídeo de Manuel Bermúdez Blanco, técnico en Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario