O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179 anos.
Como anos anteriores, a AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), fainos unha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna).
A Deputación da Coruña "libera" catro imaxes de Rosalía para conmemorar o seu aniversario.
Moitas grazas a estas artistas tan orixinais.
Son as ilustradoras Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor.
Pola súa parte, a nosa biblioteca ven celebrando xa este día con diversas actividades, todas dirixidas a lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre todos e todas nós.

O mércores, xoves e venres, achegámonos moito mais a Rosalía, facémolo a través da súa obra, lendo os seus poemas por megafonía: á hora das filas de entrada, nas do recreo, das de saída, e tamén na hora da fila do comedor.
Este ano ademais o kamishibai percorre todas as aulas, desde a dos mais pequenos ata os de 6º, para cóntannos a vida de Rosalía.
Xa a coñecemos un pouco mais!!!
- Recursos para o Día de Rosalía 2016 PICA AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario