Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO


A EALG conmemoran un ano máis o Día de Rosalía no seu aniversario de nacemento. Desde 2010, esta entidad propuxo á cidadanía que agasalle con un libro en galego e una flor, alén doutras acción.
Pola nosa parte, un ano máis desde a biblioteca expoñeremos os nosos libros sobre a vida e obra de Rosalía, hainos para todas as idades, sabemos que vos gusta pasar por alí e escoller os que vos parecen máis interesantes.
Tamén escoitaremos, nas filas, os poemas que os voluntarios vannos a ler por megafonía.
E por suposto, teremos esa actividade que tanto vos gusta a todos, os maiores contarán a vida de Rosalía aos pequenos co kamishibai.
Ademais de todas as actividades que Normalización téñennos preparadas. 
- Agasalla e fai tu unha flor AQUÍ
- "Rosalía pequeniña" de Uxía.




- Presentación PREZI sobre Rosalía
Unha chea de recursos do CEIP Isaac Peral  AQUÍ
- Dende a Biblioteca CEIP Lamas De Abade PICA
- Video "Mulleres na historia, Rosalía de Castro, feminista na sombra"



- 'RosalíaXXI', un álbum no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta.

-


- Actividades da EALG
ÍNDICE DE CONTIDOS PICA AQUÍ
Manifesto da AELG no Día de Rosalía
Presentación das iniciativas da AELG para o Día de Rosalía 2015
Actividades promovidas pola AELG
Iniciativas doutras entidadesActividades nos centros de ensino
Vídeos da campaña #EuSonRosalía nos centros de ensino
Outros vídeos da campaña #EuSonRosalía

lunes, 20 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO


O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co seu nacemento , este é o 180 aniversario.
Nos, no noso cole, un ano máis, celebramos o seu aniversario, unímonos ao redor de Rosalía e reivindicandola como referente, tanto como muller, libre e comprometida, como respecto da súa posición como
escritora implicada coa lingua e a cultura de Galicia.

O manifesto da AELG, que este ano o elaborará a escritora Ledicia Costas.

Para festexar esta data, este ano, quixemos unila ao 8 de marzo. Con quen mellor que con Rosalía  para render homenaxe á muller.
Durante a semana traballarase desde a biblioteca para achegarnos a Rosalia desde a súa obra e a súa vida. En días sucesivos poñeremos fotos de todas as actividades!
O equipo de Dinamización tamén leva a cabo este dia unha chea de actividades que poderedes ver no seu blogue.DINAMIZACIÓN

- Vida e obra de Rosalía e algún poema



-  Desde la TV2 Rosalía de Castro, feminista na sombra - Mulleres na historia

viernes, 19 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179 anos.

Como anos anteriores, a AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), fainos unha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna).


A Deputación da Coruña "libera" catro imaxes de Rosalía para conmemorar o seu aniversario.
Moitas grazas a estas artistas tan orixinais.
Son as ilustradoras Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor.





Pola súa parte, a nosa biblioteca ven celebrando xa este día con diversas actividades, todas dirixidas a lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre todos e todas nós.

 O mércores, xoves e venres, achegámonos moito mais a Rosalía, facémolo a través da súa obra, lendo os seus poemas por megafonía: á hora das filas de entrada, nas do recreo, das de saída, e tamén na hora da fila do comedor.
Este ano ademais o kamishibai percorre todas as aulas, desde a dos mais pequenos ata os de 6º, para cóntannos a vida de Rosalía.

 Xa a coñecemos un pouco mais!!!

 

- Recursos para o Día de Rosalía 2016 PICA AQUÍ

lunes, 23 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA.

"Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), cunha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras."


- A obra de Rosalía
- Cómo foi a vida Rosalía de Castro
- Prezi de Rosalía
- Rosalía a súa vida e a súa obra
- Fundación Rosalía de Castro
- Os versos de Rosalía nun concerto do coro da BBC en Londres
- Video. "Mujeres en la historia. Rosalía de castro."Feminista en la sombra".
- Unidade didáctica elaborada por Cristina Corral
- "Pasapalabras" sobre Rosalía de Castro
- Lim elaborado por CEIP Alexandre Bóveda PICA
- Lim elaborado por Isabel Pintado"PARECE UNHA ROSA"

viernes, 21 de febrero de 2014

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.



O 24 de febrero, celebramos o día de Rosalía porque nesta data naceu (en 1837) a nosa meirande poetisa: Rosalía de Castro. Chamada por Manuel Curros Enríquez (outro grande poeta do Rexurdimento) a musa dos pobos.

-POEMA DE ROSALÍA.  LIM PARECE UNHA ROSA. Para o enlace ao libro. PICA AQUÍ

-ROSALÍA DE CASTRO. Actividades Lim.. PICA AQUÏ

-A AELG ORGANIZA O GRAFITI ROSALÍA. SE QUERES LER MAIS PICA.


Vídeo que amosa como se fixo o libro 'Cantares gallegos' de Rosalía, ilustrado por Pepe Barro e publicado por El Patito Editorial. Os bosquexos e as imaxes están acompañadas pola música 'Alborada de Rosalía' do proxecto Rosalía 21 (Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira).
 
 DESCUBERTOS NOVOS TEXTOS INÉDITOS DE ROSALÍA.
 
A Real Academia Galega informou o quince de xaneiro, en rolda de prensa, da descuberta de novos textos inéditos de Rosalía de Castro. O achado consiste en varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos, atopadas pola profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, no Arquivo da Real Academia Galega.
 

Normalización lingüística, organizou esta pequena exposición de libros e debuxos de Rosalía, quedou precioso...