Faleceu en novembro a escritora Barbara Park, creadora da serie de aventuras de Junie B. Jones.
Desde que deu vida a Junie B. en 1992, Barbara Park foi capaz de captar como ninguén o xeito de ver o mundo dos nenos e de mostrar a súa espontaneidade nos 30 volumes que compoñen a colección de Junie B. Jones. Historias tenras que coa divertida linguaxe propia de JBJ encheron de risas as casas de miles de lectores en todo o mundo.
Junie B. é un dos nosos personaxes preferidos, é unha nena dicharachera, que vai totalmente ao seu aire. É infatigable,... e non esperes que Junie B. se quéde calada... por nada do mundo, ademais ten unha linguaxe propia e un dicionario particular. A súa espontaneidade provoca situacións moi divertidas que che farán rir.
Si aínda non coñeces a JBJ é un bo momento para achegarte a ela, si xa a coñeces, na nosa biblioteca espérante máis aventuras coa intrépida Junie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario