viernes, 13 de diciembre de 2013

"O PRINCIPITO" CUMPLE, EN 2013, 70 ANOS

Fai 70 anos publicábase en Nova York a primeira edición de "O Principiño", obra de Antoine de Saint-Exupéry.Chega aos 70 anos e emprende a súa última viaxe atada a unha editorial. Celebrarao liberando os seus dereitos de autor o próximo ano, para entregarse totalmente como un legado para a humanidade.

Traducido a 180 idiomas, adaptado ao cine, televisión e teatro e con versións para cómic e espectáculos musicais, "O principiño" é dos contos de maior relevancia e vixencia na literatura infantil co seu soado personaxe de cabeleira loura, ollos azuis e cara inocente que viaxa de asteroide en asteroide, preocupado polos baobab, con preguntas sobre o sentido da vida, o amor e a amizade.
 

O escritor e aviador francés que faleceu ao ano seguinte, en 1944, abatido por un reactor alemán no mar Mediterráneo, realizou moitos bocetos do seu personaxe mítico que agora se expoñen en Paris.

No hay comentarios:

Publicar un comentario