Litografía que ilustra o primeiro artigo da Declaración dos Dereitos Humanos, na sé das Nacións Unidas de Nova York. |
O Día dos Dereitos Humanos celébrase en todo o mundo o 10 de decembro. Este día ten a súa orixe no ano 1950, desde entón persoas de todo o mundo únense para conmemorar a existencia da Carta Internacional de Dereitos Humanos.
Motivados polos horrores vividos durante a Segunda Guerra Mundial, no que millóns de persoas padeceron crueldades inxustificables, todos os países tomaron a firme decisión de elaborar un código moral, ético e sobre todo xurídico que amparase o que dende a Revolución Francesa recoñecíase como os dereitos inalienables do home.
Na mensaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas para o ano 2.000 recálcase a importante función que cumpre a educación para os dereitos humanos no mundo: "Canto máis coñezan os pobos os seus propios dereitos e respecten os dereitos dos demais, maior probabilidade haberá de que vivan xuntos en paz. Só si instruímos á xente sobre os dereitos humanos poderemos aspirar a evitar a violación deses dereitos e, con iso, aspirar tamén a evitar os conflitos".
Desde o sitio web do Instituto dos Dereitos Humanos de Catalunya (IDHC) pódense descargar estes 30 contos sobre Dereitos Humanos relacionados con cada un dos artigos.
Xogo dos Dereitos Humanos. Este xogo vira en torno á Declaración Universal dos Dereitos Humanos.Os nenos aprenden da interacción con outros, é un xogo que fomenta a solidariedade, autoestima, o respecto polas opinións e crenzas dos demais. PICA AQUÍ.
outras páxinas interesantes.
AULA CREATIVA
FRASES DE DEREITOS HUMANOS
FUNDACIÓN CULTURA DE PAZ
DECLARACIÓN UNIVERSAL DEREITOS HUMANOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario