lunes, 4 de marzo de 2019

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Cartel apoiado na ilustración do libro de Anthony Browne "O libro dos porcos"
No noso colexio queremos conseguir que o noso alumnado acade unha conciencia firme dá igualdade entre homes e mulleres, en todos os ámbitos dá vida e así conseguir unha sociedade máis xusta.
O tema elixido para o Día Internacional da Muller 2019, que se celebrará o 8 de marzo, é “Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio”. Este tema centrarase en formas innovadoras nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso aos servizos públicos e a infraestrutura sustentable.
O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo moi separadas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.


O libro dos porcos  bibliobeade

- Se premes  AQUÍ verás una guía de lectura moi completa
-

No hay comentarios:

Publicar un comentario