viernes, 29 de marzo de 2019

ABRIL MES DOS LIBROS

No cole, como todos os anos, o mes de abril dedicámolo dunha forma moi especial aos libros. Comezamos desde o día 2 co Día Internacional do Libro Infantil e continuamos ata finais do mes celebrando o 23 de abril o Día do Libro. Durante todo o mes iremos poñendo as actividades que vaiamos realizar.


- FEIRA DE NOVIDADES


CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

- Unha das nosas actividades preferidas. Os nosos padriños e madriñas lectores escolleron os seus libros preferidos e léronllos aos seus atentos afillados.
CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

-  Unha contacontos moi especial visitounos o día 24, chámase Elisa Maneiro e tróuxonos o seu libro "A fórmula da Felicidade". A través da súa divertida historia sabemos a fórmula da felicidade ...ser positivos, aprender do noso erros para ser mellores, e comprender que as nosas emocións teñen as súas funcións.
Elisa grazas polo teu libro, pasámonolo xenial.




- Todos os recreos sacamos os libros ao patio, pero durante esta semana a variedade de libros que escollemos é moito maior, e tamén é maior a festa que se organiza ao redor deles. 



- Dentro de Encontros co Autor o alumnado de 4º,5ºe 6º recibimos unha interesante  visita, a de  Hector  Cajaraville.
Podes picar  AQUI ou ir ao noso  gadget da barra lateral esquerda "Encontros co Autor"








Día Internacional do Libro Infantil 2019: Os libros inspiran pausa.

Desde o 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil con esta iniciativa preténdese familiarizar aos nenos e as nenas de todas as idades co mundo do libro, e con iso mellorar o hábito da lectura.
Cada ano, un país ten a oportunidade de ser patrocinador internacional do Día do Libro Infantil e selecciona, un escritor e un ilustrador nacionais, para que elaboran a mensaxe dirixida a todos os nenos, e o cartel que se distribúe por todo o mundo, así como a celebración nas bibliotecas, centros escolares, ou librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Lituania, que difunde a mensaxe e a ilustración de Kę stutis Kasparavič ius.
 - Folleto, con información adicional sobre o autor e o ilustrador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario