miércoles, 27 de marzo de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


Na edición 2019 do Día das Artes Galegas, que se celebrará como todos os anos o 1 de abril, A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) escolleuse a Luís Seoane (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), como figura homenaxeada.
Seoane sucede ao Mestre Mateo (2015), Castelao (2016), Maruxa Mallo (2017) e Alejandro de la Sota (2018). Con este recoñecemento, a Academia busca afondar nas múltiples facetas do artista.
A institución destaca a Luís Seoane como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor foi "esencial no Laboratorio de Formas e na creación dunha nova imaxe de Galicia baseada na interacción tradición-innovación a través das industrias da memoria, como Sargadelos ou O Castro".

- Biografía e obras de Luís Seoane desde "Fundación Luís Seoane". AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario