martes, 6 de octubre de 2015

LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.


Moitos de vós lembrardes o encontro de Ledicia Costas Álvarez no mes de xaneiro para charlar sobre o seu libro " Escarlatina, a cociñeira defunta", e o moito que nos gustou, pois por esta fantástica obra  obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015.


Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014.
O Xurado decidiu premiar a obra de «Escarlatina, a cociñeira defunta» por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».

O libro «Escarlatina, a cociñeira defunta», tamén mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honra do IBBY (International Board on Books for Young People) para 2016.



Se queres lembrar, o noso encontro con Ledicia Costas, no mes de xaneiro deste ano,PICA AQUÍ.


En hora boa Ledicia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario