viernes, 9 de octubre de 2015

SVETLANA ALEXIEVICH. PREMIO NOBEL DE LITERATURA

O nobel de literatura, distingue por primeira vez o xornalismo.


A xornalista e escritora Svetlana Alexievich, foi recoñecida ,co Nobel de Literatura, por escribir libros de crónicas e historia oral sobre o desastre de Afganistán, as consecuencias da guerra na Unión Soviética e a traxedia de Chernóbil.
A pesar de ser unha autora case inédita en idioma español, celebramos o seu premio, por exercer o seu oficio nun lugar do mundo no que a liberdade está en dúbida.

Desta forma, a autora de 67 anos de idade converteuse na décima cuarta muller recompensada polo Nobel de Literatura desde a súa creación en 1901.

No hay comentarios:

Publicar un comentario