viernes, 23 de octubre de 2015

"PREMIO NACIONAL DE CÓMIC" 2015. "LAS MENINAS"


O cómic "Las Meninas", baseado no soado cadro  de Diego Velázquez, que retrata a familia de Felipe IV(Pica aquí para lembralo), alzouse onte co Premio Nacional de Cómic 2015. En concreto, foron galardoados Santiago García, guionista e Javier Olivares, debuxante.

Santiago García, Javier Olivares

O premio é concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano.

O xurado elixiu "Las Meninas" como gañadora por "ser unha obra que asume un risco na estrutura narrativa e na formulación gráfica que se resolve con brillantez, e por constituír un bo achegamento á figura de Velázquez, a súa época e a súa influencia noutros artistas".

Pica na web do seu editorial, Astiberri, e podes ler o primeiro capítulo do libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario