martes, 13 de octubre de 2015

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

Ilustración de R. Dautremer
As bibliotecas escolares son indispensables no proceso educativo, apoiando a formación de actitudes e hábitos como son a lectura e investigación, por iso é tan necesario seguir promovendo o seu uso.
Desde 1997 a "Asociación Española De Amigos Del Libro Infantil Y Juvenil" promove esta celebración, o 24 de outubro, en recordo ao brutal incendio da Biblioteca de Saraievo, durante o conflito dos Balcáns.
Debemos protexer as nosas bibliotecas, todas elas , por pequenas que sexan , albergan grandes tesouros, se non as protexemos ou deixamos que sexan destruídas, sería un ataque á memoria e ao tesouro cultural dun pobo.

E unha das mellores maneiras de protexelas é, abrir as súas portas a c
alquera actividade ou faceta que axude a eliminar as barreiras interpostas entre a biblioteca e a sociedade, través de: exposicións bibliográficas, sesións de contacontos, os clubs de lectura, a utilización das redes sociais...
Por iso é tan importante este día e a súa celebración.

Pregón e cartél AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario